Nesta edición, taller abierto desenvolve as seguintes actividades:

Tras a pista. Cidades con arte

A arquitectura era considerada na época clásica como unha das principais manifestacións artísticas do ser humano. Na actualidade apenas se percibe como unha arte asumíndoa como o soporte onde se desenvolve a maior parte da actividade humana. Neste obradoiro familiar proponse unha introdución á arquitectura a través da cidade mediante unha actividade que mestura historia e expresión plástica coa fin de coñecer a contorna de xeito lúdico e comprender que a mestría das edificacións contribúe á beleza dos lugares onde vivimos.

Destinatarios: Público familiar (nenas e nenos a partir de 8 anos)

Data: 20 de marzo de 11:30 a 13h

Exploradores creativos

A Illa do Covo é un gran contedor de arte ao aire libre cunha colección de pezas de land art de artistas moi relevantes. Ademais destas recoñecidas obras, o propio espazo pode converterse nun gran laboratorio creativo onde experimentar cos materiais e as formas que a natureza pon á nosa disposición. Neste obradoiro proponse unha actividade de exploración na que percorreremos a illa observando e probando distintos materiais naturais nunha actividade lúdica onde a arte se mestura coa creatividade e o desfrute da natureza.

Destinatarios:Nenas e nenos de 6 a 10 anos

Datas: 19 e 26 de marzo de 11:30 a 13h

Prazas limitadas con inscrición previa en contacto@tallerabierto.info